transgenicos - Share on Ovi

A Comisión Europea deu hoxe luz verde ao cultivo en territorio comunitario dunha pataca xeneticamente modificada que producirá a firma alemá BASF e que estará destinada á produción de amidón para a industria papeleira, pero cuxos subprodutos poderán empregarse para a fabricación de pensos para animais.

O cultivo da pataca 'Amflora'es a primeira autorización que o Executivo comunitario decide dende hai doce anos, despois do permiso que deu en 1998 á compañía Monsanto para cultivar o seu millo MON 810. Os Estados membros que non queiran que este cultivo se permita no seu territorio poderán adoptar "salvagardas" como xa fixeron seis países (entre eles Alemaña e Francia, pero non España) co millo MON 810.

Tamén aprobou este martes a comercialización de tres variedades de millo transxénico Monsanto (MON863xMON810, MON863Xnk603 e MON863xMOPN810XNK603).

O novo comisario de Saúde, John Dalli, admitiu en rolda de prensa o "delicado" do asunto dos organismos xeneticamente modificados (OGM), pero defendeu que as decisións de Bruxelas son o resultado dunha avaliación "fina" dos distintos expedientes. Ademais, recalcou que os ditames científicos da Autoridada Europea de Seguridad Alimentaria (EFSA, polas súas siglas en inglés) son a "base" das decisións.

Preguntado pola polémica que os OGM suscitan na Unión Europea e o rexeitamento de parte da opinión pública, Dalli apostou pola "innovación responsable" e por avanzar no uso de novas tecnoloxías, pero insistiu en que Bruxelas se apoiará nos datos científicos para asegurar que "non" hai dúbida" sobre as garantías de seguridade para os cidadáns europeos.

O comisario recalcou que a autorización de cultivo para a pataca 'Amflora' está suxeita a "condicións moi estritas" para evitar a súa propagación a outros cultivos. Por iso, imponse a "separación física" do tubérculo transxénico doutras patacas destinadas ao consumo humano en todo o proceso de recolección, almacenamento, transporte, etc.

Ademais, deberá ser collida do campo antes de que produza sementes e a súa comercialización farase directamente suxeita a un contrato coas empresas papeleiras. "Non son para a comercialización (de produtos para consumo) humano", insistín o comisario Dalli, que negou presións á súa persoa por parte do fabricante BASF para acelerar esta autorización.

Fontes comunitarias consultadas admitiron que a autorización para o cultivo inclúe unha cláusula que autoriza a "presenza accidental" dun 0,9% deste transxénico en alimentos para as persoas e animais.

ANUNCIA NOVAS ORIENTACIÓNS

A primeira autorización para o cultivo dun transxénico en doce anos na Unión Europea coincidiu co anuncio dunha nova proposta da Comisión Europea para dar máis "flexibilidade" aos Estados membros que queiran opoñerse ao cultivo de OGM.
A idea de Bruxelas, que prevé presentar a súa proposta este verán, é "combinar" un sistema europeo de autorización que estea baseado en ditames científico con "a liberdade dos Estados membros para decidir sobre o cultivo de transxénicos", explicou Dallí. Ata agora, o Executivo comunitario insistira aos países que manteñen restricións (Austria, Hungría, Francia, Grecia, Alemaña, Luxemburgo e Polonia) que as levantasen.

Nesta liña, defendeu a "estratexia" que segue o Executivo comunitario nos expedientes relacionados con transxénicos e para os que "calquera decisión" se basea en datos científicos obtidos trans unha "avaliación completa e concreta" de cada caso. "É hora de avanzar neste proceso e tomar decisións", argumentou.
En referencia ás dúbidas na opinión pública, Dalli asegurou que tomará decisións que teñan en canta o que digan os científicos " e non en función de como repercutirán nos meus índices de popularidade".

Segundo datos comunitarios, en 2009 o MON 810 cultívase en cinco Estados membros: España, República Checa, Romanía, Portugal e Eslovaquia. O 80% do espazo dedicado ao cultivo deste transxénico na UE está en España, o que supón unhas 100.000 hectáreas.

Via --> Galiza sen transxénicos

 

transgenicos2 - Share on Ovi

 


zocarede