Na cidade da Coruña e concellos limítrofres existen diferentes lugares onde se pode acudir se queremos consumir produtos ecolóxicos. Son os mercados ecolóxicos ou os mercados convencionais onde podes atopar produtos ecolóxicos (ás veces distribuídos polas propias produtoras), e tamén as tendas ecolóxicas.

Se ben o consumo ecolóxico como se entende hoxe en día (con certificado de produto ecolóxico) non ten porque cumprir os preceptos dun consumo consciente e responsable, pode ser interesante dispor desta información para quen desexe acudir a estes lugares a conseguir algún produto, especialmente se intentamos discernir os produtos locais e de pequenas produtoras, dos que non o son.

MERCADOS ECOLÓXICOS

Celébrase o segundo domingo de mes en Vilaboa (Culleredo), entre as rúas Vicente Risco e Avenida de Rutis (paralelo á Universidade Laboral). O horario é de 9:30h a 15h. Este ecomercado está organizado polo Concello de Culleredo en colaboración coa Deputación da Coruña, e está integrado dentro do Feirón Municipal.

Celébrase o terceiro sábado de mes no barrio das Roseiras, na rúa Alcalde Suárez Ferrín (na praza Elíptica). O horario é de 10:30h a 15h. Este mercado dispón de produtos alimenticios e de artesanía, coa condición de que sexan "naturais", e está organizado pola asociación de veciñas en colaboración coa Concellaría de Igualdade e Participación cidadá do Concello da Coruña.

TENDAS ECOLÓXICAS

  • A Landra. Nicomedes Pastor Díaz, 3 (zona Forum Metropolitano). Teléfono: 881 899 401.
  • Ataxentas. Alcalde Lens, 30 (zona Rúa Barcelona). Teléfono: 981 255 654.
  • Ecosuper. Nicaragua, 17 (zona Juan Flórez). Teléfono: 981 923 048.
  • Equilibrio. Avda. dos Mallos, 1 (zona Ronda de Nelle) - baixo. Teléfono: 881 898 788.
  • Horta + Sá. Alcalde Pérez Ardá, 26 (zona Novos Ministerios). Teléfono: 981 285 021.
  • La aldea biomarket. Avenida de Fisterra, 25. Teléfono: .
  • Seara. Orzán, 14 (zona centro). Teléfono: 981 902 061.
consumo ecolóxico


zocarede