dumMcDonaldsKids - Share on Ovi

 Unha nutricionista americana fixo unha experiencia cun "Happy Meal" da cadea de comida-lixo McDonald's, fotografándoo en 2009 e gardándoo, para comprobar o poder dos conservantes. Un ano despois o hamburguesa e as patatas continuaban case iguais, sen calquer tipo de cheiro ou outros sinais de decomposición.

O 'Happy Meal' é un produto destinado a cativos e a nutricionista Joann Bruso defendeu, en declaracións ao diario británico 'Daily Mail', que o feito de non presentar indicios de decomposición pasado tanto tempo demostra que esa comida non é saudábel.

No decurso deste período, Bruso tamén afirmou que nin moscas nin outros insectos foron atraídos polo produto da cadea McDonald's.
A americana afirma aínda que "se as moscas ignoran un 'Happy Meal' e os micróbios non o descompoñen, entón o corpo dun neno tampouco poderá metabolizalo convenientemente".

Ao longo dos anos, a cadea de fast food americana McDonald's tense esforzado en probar que os seus alimentos son de calidade, contrariando mitos creados acerca dos mesmos.

No entanto, estudos recentes indican que cada produto contén, de media, sete aditivos alimentares. O pan ten conservantes como calcio ou propionato de sódio, a carne contén benzoato de sódio e nas patatas fritas son detectabeis ácido cítrico e pirofosfato ácido de sódio, para manter a súa cor.

 Via --> Torontosun


zocarede