trangénicos - Share on Ovi

Amigos da Terra fai pública hoxe a localización exacta a nivel de parcela dos campos onde se solicitou experimentar con cultivos transxénicos en España en 2010. Máis de cen parcelas, nas que multinacionais como Monsanto, Syngenta, Bayer ou Pioneer teñen planeado realizar experimentos con millo, remolacha e algodón transxénico que supoñen un altísimo risco. Amigos da Terra considera que os agricultores, veciños e concellos teñen dereito a coñecer a súa localización exacta para protexerse da contaminación.

Descargao aqui

España acolle o 42% de todos os experimentos con transxénicos ao aire libre que se realizaron na Unión Europea nos últimos anos. O Goberno permitiu que España se converteu no campo de probas das multinacionais, en parte grazas ao escurantismo da súa política sobre transxénicos.

Até agora a localización dos campos experimentais con transxénicos era confidencial. Pero unha recente sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza amparou o dereito a que esta información estea a disposición pública. Con todo, até o último momento, o Goberno dubidou en facilitar esta información e mesmo se recoñece a presión das multinacionais para que estes datos continuen a ser secretos.

"Xa basta de tanta opacidade na información sobre transxénicos. Os agricultores e os veciños das localidades onde se está experimentando teñen dereito a coñecer a súa localización exacta, para poder tomar medidas contra a contaminación e previr posibles danos ambientais ou sobre a saúde" afirmou David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra.

Amigos da Terra denunciou recentemente que moitos destes ensaios, dos que até agora só se coñecía o municipio, podían estar situados en Espazos Naturais Protexidos. As multinacionais e o Goberno lanzáronse a desmentilo. Unha vez coñecida a localización a nivel de parcela, compróbase que varios experimentos de Monsanto con millos transxénicos atópanse en Reservas da Biosfera en Daimiel, ou que Syngenta pretende experimentar con remolacha transxénica nunha ZEPA (Zona Especial de Protección de Aves) de Castela e León.

"Hai xa varios casos de cultivos transxénicos experimentais que terminaron contaminando alimentos. Liberar transxénicos ao medio ambiente é un risco que non podemos asumir. O Goberno ten que tomar medidas para que España deixe de ser o campo experimental das multinacionais" engadiu Sánchez.

A listaxe dos ensaios, con datos de localización a nivel de parcela e un mapa están dispoñibles en http://www.tierra.org/spip/spip.php?rubrique305 

Via --> Amigos da Terra


zocarede