albosque - Share on Ovi

Quere ser agricultor? Quere ser agricultora? Ben, explícolle as condicións nun sector clave no Estado español, a oliva. Deberá estar en marcha ás 10 horas da mañá.

Non se necesita mono de traballo nin botas, coa indumentaria normal é suficiente. Atopará as compañeiras e compañeiros de faena na porta dun dos Carrefour da súa localidade. Unha vez alí trátase de cargar e comprar todas as garrafas de aceite dispoñibles da oferta de 5 litros por 8,12 euros. E así, repetir a operación no resto de establecementos desta cadea. Ata esgotar os stocks ou ata acugular a furgoneta.

Xa temos as oliveiras atendidas, a oliva vareada e colleitada, o procesamento e o envasado resolto. Rápido, sen riscos, sen mirar cara ó ceo, co que os custos de produción redúcense a 1,62 euros/litro, aproximadamente.

Agora falta atopar comprador. Para iso hanse de dirixirse á almazara correspondente. Pagaranlles a 2"10 euros por cada litro. Os números saen redondos, se nun día son capaces de colleitar digamos 1.250 litros de aceite obterán uns beneficios de 600 euros. Parécelle duro o traballo campesiño?

Esta experiencia realizárona tres mozos cordobeses durante a presente campaña. E expón unha das prácticas utilizadas neste caso por unha gran superficie, outras veces organízano as grandes envasadoras, para ofreceren produto a prezos nos que se permiten (teoricamente) perder diñeiro. Non lles importa. O aceite, como o leite e outros produtos básicos utilízanse como produtos tractor. Unha vez que seducido pola oferta e ingresas nos seus dominios raro será que non merques nada máis. Quizais son unhas semanas, quizais soamente nalgúns territorios, pero durante ese espazo de tempo, coas dificultades polas que pasan os pequenos comercios ou as pequenas cooperativas que envasan o seu propio aceite, tal competencia pode significar a súa desaparición. Un menos con quen competir.

E namentres, nestas guerras de prezos, os produtores e produtoras de verdade, con oliveiras e suor, sucumben tamén. Nos últimos tres anos estáselles comprando o quilo de aceite por baixo dos seus custos. Os custos medios de produción en cultivos tradicionais son de 2.4 euros/kg de aceite e a día de hoxe págase a 1.81 euros/quilo.

Queren dedicarse ó campo?

Via --> Altermundo


zocarede