banca-etica - Share on Ovi

Os movementos de banca e, en xeral, finanzas éticas parten cunha clara desvantaxe, implícita no seu propio nome: que, na mesma expresión, aparezan as palabras banca e ética adoita levar ao público en xeral á desconfianza ou á risa; á fin e ao cabo, dentro dos mesmos mercados financeiros a ética non está valorada como unha vantaxe e, en moitos casos, é considerada como un lastre para a maximización dos beneficios.

Este movemento tamén conta con outro grave problema de base: a indiferenza maioritaria dos usuarios dos bancos sobre o destino do diñeiro que teñen neles depositados; o único interese adoita centrarse en que interese vai obter polo seu diñeiro ou polos seus investimentos en bolsa.

En terceiro lugar, os movementos de banca ética atópanse con outro grave problema: o pequeno ou mediano tamaño das súas iniciativas impide, polo menos en aparencia, que as súas accións teñan verdadeiro calado e influencia sobre o conxunto dos mercados financeiros.

Ante estes problemas expostos, existen verdadeiras solucións, viabeis, e dun gran potencial. Ante a indiferenza dos usuarios, a banca ética pode realizar un exercicio de pór fronte ao espello aos devanditos usuarios, mostrarlles o que fan en realidade a maioría dos bancos tradicionais, os xogos arriscados que realizan cos seus aforros e os investimentos en todo tipo de industrias criminais ás que se dedican; mostrarlles todo isto e preguntarlles se é iso o que queren que se faga co seu diñeiro, se todas estas accións se justifican por obter o máximo beneficio para os seus aforros. Aínda que pareza que a gran parte do público non lle importan estas cuestións, é máis posíbel que, simplemente, prefira non saber o que ocorre, e iso non significa que non actúe honradamente cando se lle ofrezan alternativas reais.

Ante a desconfianza do usuarios, pódese esixir unha máxima transparencia das actuacións dos movementos de banca ética: calquera depositante podería ter acceso á información sobre o estado das contas dunha certa iniciativa de banca ética, as liñas de investimento que se seguen e os proxectos que se financian. Ante a dificultade de plantexarse obxectivos ambiciosos polo tamaño pequeno ou mediano destas iniciativas, ofrecer unha alternativa real e localizada a dous dos alicerces das institucións financeiras tradicionais: substituír o papel das institucións financeiras internacionais (IFIs) como o Grupo Banco Mundial ou o Fondo Monetario Internacional; ofrecendo préstamos e financiamento, a pequena escala, a estados dos países do Sur, sen condicións previas, sen modificacións das súas políticas económicas a nivel local, facendo ver que é real e posíbel un financiamento de proxectos centrado no desenvolvemento dos propios países beneficiarios, a diferenza das ofrecidos polas IFIs. Trátase, en definitiva, de substituír ás IFIs no papel que na súa fundación se impuxeron: o desenvolvemento dos países do Sur, algo que se demostrou era unha simple escusa para poder impor a súa política colonial por outros métodos, máis sutís e, por tanto, con máis posibilidades de exito.

Ofrecendo, así mesmo, unha alternativa aos bancos tradicionais, xestionado o diñeiro dos aforradores sen especulación e sen riscos: evitando a complexidade de produtos como as titulizaciones, os SWAPS, os REPOS, etc. Actuando cunha conciencia responsábel á hora de investir, favorecendo o desenvolvemento, a nivel local e solidario, cos devanditas investimentos.

Estes feitos diferenciais das iniciativas de banca ética deben quedar claramente reflectidos nas súas actuacións, na difusión das súas actividades e na loita que manteñen co mundo capitalista globalizado que engole día a día os recursos do mundo enteiro.

Estamos seguros que, parafrasenado o clásico, outra banca é posíbel (e necesaria).

Via --> Rebelión


zocarede