Entrevista en lavanguardia.es a Joan-Ramón Laporte, xefe de farmacoloxía do Hospital Vall d'Hebron.

joanramon laporte

A diferenza entre un medicamento e un veleno radica na dose.

Analiza fármacos que xa están no mercado?

Si, porque cando un fármaco sae ao mercado foi probado por uns poucos miles de voluntarios, pero ao comercializarse en todo o mundo é tomado por millóns de persoas e é entón cando poden aparecer efectos indeseados, en ocasións con desenlace mortal.

Cal é o medicamento que máis xente matou?

A aspirina, porque é o medicamento que máis xente tomou e a percepción do seu risco está distorsionada. A doses baixas -cen miligramos ao día- é un excelente protector cardiovascular, pero a dose analgésicas -un gramo- pode producir hemorraxia gastrointestinal.

Hai datos?

En Catalunya prodúcense uns 3000 casos anuais de hemorraxia gastrointestinal dos que un 40% son atribuíbles á aspirina e a outros antiinflamatorios. En EE.UU. morren ao ano por hemorraxia gastrointestinal por antiinflamatorio unhas 15.000 persoas; mentres que de sida morren 12.000.

Impactante.

Calquera enfermidade pode ser producida por un medicamento: un infarto de miocardio por un antiinflamatorio e por moitos outros fármacos; unha pneumonía, calquera enfermidade neurológica ou patoloxía psiquiátrica pode ser favorecida por medicamentos.

Vexo que o dos efectos secundarios vai en serio.

Moitos causan depresión, como algúns que tratan a presión arterial ou os diuréticos en persoas de idade avanzada. Os medicamentos para o insomnio poden provocar crise de agresividade, moitos casos de irritabilidade ao levantarse débese a medicamentos deste tipo, como as benzodiacepinas ou outros hipnóticos de acción curta.

Estamos hipermedicados?

Si, chegamos ao momento de que cando unha persoa está triste dise coloquialmente que esta depre. Os antidepresivos só serven para unha depresión profunda, e a tristeza non é unha enfermidade, é unha reacción saudable.

Non hai medicamento sen efectos indesexados?

Non, cada medicamento ten a súa peaxe. A Axencia Europea do Medicamento calcula que cada ano falecen en Europa 197.000 persoas por mor de efectos adversos. En EE.UU. os efectos adversos son a cuarta causa de morte, detrás do infarto de miocardio, o ictus e o cancro; e por riba da diabetes, as enfermidades pulmonares e os accidentes de tráfico.

É unha lotería?

Non, se a toma ou a prescrición do medicamento fose máis atenta aos riscos que leva calcúlase que se podería evitar entre un 65% e un 75% destas mortes.

Anunciar fármacos por televisión debería estar prohibido.

Opino o mesmo. En España só pódense anunciar os que non financia a Seguridade Social, senón arruinaríana. Somos o país de Europa que en relación ao PIB, máis medicamentos consome.

Falemos dos seus prezos.

Son arbitrarios. Fabricar o medicamento máis caro, de cen a cincocentos euros, non custa máis de dous euros incluíndo o envase. Supostamente pagamos o esforzo de investigación. Pero entre un 30% e un 40% do gasto medio dos laboratorios destínase á promoción comercial.

O prezo negóciao o Goberno.

Si, pero con pouco éxito. En España o prezo do medicamento está alcanzando o de Alemaña que nos duplica a renda per cápita.

Que gran negocio.

Segundo o informe de desenvolvemento da ONU é o terceiro sector económico detrás da industria armamentística e o narcotráfico.

Din que se inventan cada ano novas enfermidades.

Si, sobre todo en relación coa mente e o sexo. Converten a timidez en enfermidade e a medicalizan. Agora inventáronse a disfunción sexual feminina: "Padeces disfunción sexual feminina..., non se ría...

De acordo.

"Se nos úlitmos seis meses rexeitaches unha proposión de relación sexual ou non tiveches unha con satisfacción plena". Cada vez que se reúne un dos comités de hipertensión arterial (o estadounidense, o europeo, ou o da OMS) baixan o nivel de presión arterial considerado normal, e o mesmo ocorre co colesterol.

Explíqueme.

En poucos anos diminuír de tal xeito o límite de normalidade do colesterol que cada vez hai máis poboación que debe tratarse. En EE.UU. aumentou de 3 millóns de persoas a 25 en 10 anos.

Asombroso.

A industria farmacéutica dedica o dobre (en España o triplo) do seu orzamento a promoción comercial que a investigación. Unha visita do representante comercial vén xerar unhas 35 novas receitas do medicamento. O asombroso é que non haxa en Sanidade unha especie de central de compras de medicamentos con xente formada.

Quen se ocupa da formación continuada do persoal sanitario?

Os laboratorios, así que é moi difícil asegurar que non haxa unha influencia de intereses comerciais.

Fonte: Las medicinas curan o causan cualquier enfermedad (lavanguardia.es)


zocarede