cartel_tinto_2010_600-09b86 - Share on Ovi

Como? Que aínda non coñeces que é isto do Tinto de Verán? Pois non o dubides! Achégache!,... Este é un espazo autogestionado de coñecemento mutuo, relación, e reflexión para a acción social e colectiva entre xente inquieta que nos apetece xuntarnos e compartir: "que estamos a facer" para "facer xuntas"; discutir, rir, divertirnos, construír e deconstruir,... Soñando moitos mundos onde a xustiza social, a igualdade, a solidariedade, o respecto polo medio ambiente e as persoas, sexan utopías a alcanzar.

E que faremos?

Como en edicións anteriores, pretendemos que as mañás se dediquen á reflexión colectiva, este ano ao redor da autogestión, do persoal ao colectivo, algo imprescindíbel para os movementos sociais, pero aínda máis en tempos de crise. Tentaremos formarnos na autogestión da alimentación, da saúde, dos coidados, do coñecemento, da economía social e aprender a buscarnos a vida. Durante as tardes teremos espazo para talleres, para seguir dándolle ao coco con diversos temas sociopolíticos, pero tamén para sacar a nosa creatividade, expresión, ganas de xogar ... Que che parece contacontos, teatro, masaxes, etc.? Propós algún? Anímate!!!
Ademais, un programa cultural para algunhas noites, con música e outras actuacións.

E o Mosto de Verán
E Tamén queremos darlle continuidade ao espazo das nenas e os nenos: o mosto de verán. Onde a complicidade e a autonomía da xente pequena nos ensíne a aprender da súa sabedoría, os seus soños e desexos, a súa capacidade de acción e as súas enerxías.

Haberá espazo para contacontos, música, risas e actividades lúdicas para todas. Facédenos partícipes de calquera achega que se vos ocorra.

Para poder participar, propor ou estar ao día dos pasos que imos dando só tes que darte de alta na lista do Tinto de Verán: http://listas.nodo50.org/cgi-bin/ma...

Via --> Nodo50


zocarede