O Domingo 10:10:10, día pela redución de CO2 na atmosfera a 350 ppm, terá lugar en Quilmas unha xornada reivindicativa e de reflexión sobre a gran carga contaminante que está a supor para a terra os malos hábitos de "desenvolvemento" do ser humán. As visións a curto prazo poñen en perigo a vida, tal e coma agora a conhecemos, no nosso planeta. A xornada terá como obxectivo analisarmos as posibilidades que temos de influir no nosso entorno mais próximo para realizar trocos substanciais na sociedade e como reducilo impacto sobre o medio natural.  

EcojornadaQuilmas - Share on Ovi

Programa

O Domingo 10:10:10

11h- Charla sobre os diferentes tipos de mel e as súas características. Influenza das abelhas e práctica da apicultura sobre o medio ambiente. Cata de mel galego. (Actividade do Curso de apicultura, impartida por Suso Asorey– AGA)
12:30h- Pausa café
13h- Mercadinho de productos locais (mel e hortalizas)
14h- Xantar libre.
16:30h– Proxeción do documental SALMONOPOLY, realizado por Wilfried Huissman sobre a cría intensiva en gaiolas de salmón practicada en Chile e
Noruega polo grupo piscícola Marine Harvest (que engullíu a Stolt Sea Farm)
17:30h– Debate.
18h– Mesa redonda: Consumo consciente e CO2. Contaremos con:
Representante de ZocaMinhoca – Cooperativa de consumisdor@s conscientes e A Corunha.
Adela Figueroa                               – Vocal de transportes de ADEGA.
María da Illa                                    – Grupo ecoloxista da Illa de Arousa
Modera: Xosé Manuel Casais


zocarede