Amarante - Share on Ovi

Centrado sobre a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de explotación de miles de persoas

O vindeiro sábado 8 de Marzo Amarante celebrará o Día Internacional do Comercio Xusto que por segundo ano consecutivo contaremos coa colaboración de outras entidades relacionadas co consumo responsable como Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, A Gradicela e Árbore.
 
Na celebración deste ano baixo o lema por un “Comercio Xusto no Norte e no Sur”, faremos unha análise e denuncia da implicación das grandes superficies nas condicións de vida e de explotación de miles de persoas.

Para iso farase unha serie de actividades nas que se visibilizarán o impacto das actuacións de empresas como Carrefour ou Lidl nos distintos sectores como o da alimentación ou o do téxtil.
 
Así contaremos cos mercados transparentes de alimentación nos que participarán labregas e labregos das nosas comarcas e que mostrarán as diferencias de prezo entre a producción e a venda final nas grandes superficies.
 
Tamén contaremos cos mercados transparentes de roupa onde se darán a coñecer os resultados da investigación das condicións das traballadoras do téxtil en Asia para as grandes distribuidoras elaborado pola Campaña Roupa Limpa CRL e como son unha peza máis nun sistema que asfixia a milleiros de traballadoras de paises do Sur con condicións laborais que violan os seus dereitos humanos.

Ler máis...

PlanetaFinito - Share on Ovi

Planeta finito é: "unha iniciativa sen ánimo de lucro que pretende facilitar o acceso a unha limitada e escollida selección de publicacións ao redor dalgúns ámbitos significativos -aínda que menos coñecidos e difundidos- da PermaCultura (deseño integral de hábitats humanos sustentabeis).

Xorde aberta á cooperación con outras iniciativas, co obxectivo de achegar materiais especialmente útiles para as transformacións sociais que  afrontamos.

Así mesmo, incorpora a divulgación, distribución e venda de:

    * materiais da Distribuidora Zambra (dereitos e loitas sociais, Renda Básica das Iguais, ecoloxismo social, libros infantís e xuvenís...), unha boa parte deles escritos polas xentes de Baladre

    * copas menstruales Mooncup (alternativa ecolóxica, saudable e económica aos produtos convencionais de hixiene feminina)

Sirva esta selección de partida para dar unha idea do que é, e poderá chegar a ser, Planeta Finito. Proximamente, se co/editarán materiais vinculados con Permacultura."

Mais aquí --> Planeta Finito

cartel-acto-27marzo2010 - Share on Ovi

 Lugo, 27 de Marzo de 2010

- "Soberanía alimentar na rúa" : De 10 a 13 h. na praza maior. Exposición itinerante, performances interactivas..

- Actividades para nenos: Mural de 11:30 a 13 h.  na praza maior e obradoiro "Alimentos do mundo" de 17 a 19 h. nos locais da Nova.

- "Obradoiro de alimentos": As 13:15 h. nos locais da Nova. Consumo responsable desde o coñecemento do que comemos. Comida compartida.

- "El Mundo segun Monsanto": videoforum as 17 h. na Cova da Terra

Organiza    - Arela (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Colaboran - A cova da terra  - Taller de solidaridad

antiogm - Share on Ovi

 Despois da experiencia do ano pasado, neste 2010 unha serie de colectivos e organizacións promovemos baixo a lema "Por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos" unha nova Semana estatal de loita contra os OMG (entre o 5 e o 17 de abril, con especial énfase na semana do 12-17 abril).
Esta culminará cunha manifestación o 17 de abril, que terminará ante a sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño en Madrid para amosar o rexeitamento da sociedade civil á introdución de organismos xenéticamente modificados na nosa agricultura e a nosa alimentación.

Ler máis...

Acción Manta Branca
manta. denúncia. berro. apoio.
Campaña pola despenalización do top-manta.
A Coruña, sábado 13 de marzo de 2010
ás 19:00 h. no Obelisco
Trae a túa manta !!

Situación

Nos últimos anos, diferentes colectivos sociais comezamos a chamar a atención sobre o uso absolutamente desproporcionado do actual Código Penal  para sancionar a venda na rua de cds, dvds e produtos de marcas falsas. A simples tenéncia ou exposición deste material está-se castigando con 6 meses a 2 anos de prisión (sustituíble por expulsión e proibición de retorno á UE durante 10 anos), multa (que se non se paga convírte-se en mais tempo de prisión)  e o pago de altas indemnizacións ás xestoras de dereitos de autor.

Quen venden na rua estes produtos son, maioritáriamente, persoas sen papeis que non poden regularizar a sua situación, co que se atopan nunha especial vulnerabilidade legal e social. Moitas desas persoas sen papeis ven na venda ambulante a única saida para conseguir unha renda mínima, normalmente duns 10 € diários. Na actualidade hai un cento de persoas en prisión por intentar sobrevivir e centos mais con causas penais abertas pola mesma actividade.

O dereito dos artistas a vivir das suas obras debe ser protexido, pero non ao prezo da desproporción coa que o Código Penal trata ao colectivo manteiro. Hai xa outras ordes xurídicas (administrativa ou civil) que sancionan a venda de cds, dvds e produtos de marcas falsas nas ruas, co cal esta actividade deberia sair do eido penal, no cal só deben estar os delitos mais graves. Tanto por unha cuestión de proporcionalidade, canto polo importante gasto público que supón a posta en marcha do sistema penal.

Ler máis...
zocarede