vacas - Share on Ovi

Coa información que nos chegou de Alemaña sobre a contaminación de dioxinas en máis de 4.000 granxas, a pregunta que xorde é: facémonos todos vegetarianos estritos? Porque, certamente, son moitos xa os casos de presenza de tóxicos en alimentos de orixe animal, de pestes que se fan gripes e de vacas que quedan chifladas. Eu teño a miña propia resposta, sinxela, pero que debo argumentarlles.

Máis aló das posibles repercusións sobre a nosa saúde derivadas do consumo dalgún destes produtos, cuestión certamente importante, o que estes escándalos alimentarios pon en evidencia é claramente o todo dun modelo de produción animal con moitos máis problemas que vantaxes. E digo un modelo porque me refiro exclusivamente á forma imperante -moi afastada ao bo saber campesiño e gandeiro- de engordar e criar animais en batería, tensos e aceleradamente; será por iso polo que se lle chama gandaría industrial ou intensiva, porque parecese que fabricamos porcos ou galiñas coma se fosen porcas ou furgonetas.

Ler máis...

Entrevista en lavanguardia.es a Joan-Ramón Laporte, xefe de farmacoloxía do Hospital Vall d'Hebron.

joanramon laporte

A diferenza entre un medicamento e un veleno radica na dose.

Analiza fármacos que xa están no mercado?

Si, porque cando un fármaco sae ao mercado foi probado por uns poucos miles de voluntarios, pero ao comercializarse en todo o mundo é tomado por millóns de persoas e é entón cando poden aparecer efectos indeseados, en ocasións con desenlace mortal.

Cal é o medicamento que máis xente matou?

A aspirina, porque é o medicamento que máis xente tomou e a percepción do seu risco está distorsionada. A doses baixas -cen miligramos ao día- é un excelente protector cardiovascular, pero a dose analgésicas -un gramo- pode producir hemorraxia gastrointestinal.

Hai datos?

En Catalunya prodúcense uns 3000 casos anuais de hemorraxia gastrointestinal dos que un 40% son atribuíbles á aspirina e a outros antiinflamatorios. En EE.UU. morren ao ano por hemorraxia gastrointestinal por antiinflamatorio unhas 15.000 persoas; mentres que de sida morren 12.000.

Ler máis...

Biodiversidade - Share on Ovi

O peche do ano 2010 é tamén o final do Ano Internacional a favor da Biodiversidade declarado por Nacións Unidas, polo que esperemos que o asunto non se arrincone agora no caixón de temas pendentes. Porque se algo temos claro, con ou sen ano internacional, é que o futuro da humanidade depende da nave onde viaxamos, a Terra, e esta só continuará mentres sexa biodiversa.

A comunidade científica ten sinalado en numerosos informes que a situación patrimonial da Terra é preocupante. Entre todos, destaca o traballo elaborado polo Centro de Monitoreo para a Conservación Mundial que, tomando diferentes indicadores (como a apropiación de recursos naturais, o número de especies ameazadas, a cobertura de áreas protexidas, a extensión de bosques tropicais e manglares e o estado dos arrecifes de coral) e a súa evolución desde 1970 até 2006, demostra con obxectividade e cifras o que a observación cotiá e atenta de calquera paisaxe tamén nos debuxa: diminución de especies e razas de distintos grupos de mamíferos e aves, redución da extensión dos bosques e os manglares, deterioración das condicións mariñas e das costas, invasión de especies exóticas competindo coas especies nativas, etc. A análise permitiulle a este centro dependente do PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente) afirmar que "os gobernos non lograrán cumprir a súa promesa de chegar a 2010 cunha redución significativa da perda de diversidade biolóxica". Certamente.

 

Ler máis...

biodiversidade - Share on Ovi

Babault é um reconhecido especialista da biologia das populaçons humanas e a partir dos anos '80, foi um dos primeiros que reflectiu no conceito de 'biodiversidade'. Na sua reflexom junguem-se duas fontes dissociadas: a ecologia naturalista e a ecologia política. O resultado salienta umha evidência nem sempre destacada: 'a nossa existência alicerça nos sistemas vivintes'. Daí a sua cruzada científica contra o medre do PIB como única variável do desenvolvimento e a sua defesa dumha 'cooperaçom' com o tecido vivinte do planeta.

Ler máis...

cooperativismo - Share on Ovi

 En 2010 contabilizáronse en Catalunya máis de 90 cooperativas de consumo agroecológico que agrupan a unhas 2.880 "unidades de consumo" (léase familias), que poden supor máis de 6.000 persoas.
O fenómeno é relativamente novo. Dez anos atrás, apenas existían unha decena de organizacións deste tipo. Trátase de cooperativas de consumidores agrupados para proverse de froita, hortalizas, ovos e produtos lácteos ecolóxicos, asociados con cooperativas de campesiños que practican este tipo de agricultura. Buscan alimentos máis saudabeis esquivando os circuítos comerciais elitistas (onde os produtos ecolóxicos son moi caros), pero tamén un camiño alternativo para conectar produtores e consumidores sobre bases solidarias fose da lóxica do mercado -un mercado, por outra banda, cada vez máis controlado por uns poucos grupos capitalistas que reproducen e consolidan todos os inconvenientes dunha agricultura industrializada, deslocalizada e altamente contaminante que, ademais, estruja ao produtor e socava cada vez máis a viabilidade dunha agricultura familiar e de proximidade-.

Ler máis...
zocarede