peak_oil2 - Share on Ovi

Son moitas as conxecturas que se fan respecto de cando nosa civilización alcanzará o cénit do petróleo, é dicir, canto tempo nos queda até chegar ao momento no cal a extracción de petróleo alcanza un máximo e empeza o seu descenso definitivo. Algunhas opinións expoñen que xa alcanzamos esa data, que xa superamos o teito. Outras son máis optimistas e sitúan este momento no próximo ano 2030.
A polémica respecto diso aparece e reaparece á espera de dispor de datos suficientemente claros, fiabeis e libres de intereses, que neste campo son demasiados. Por exemplo, estes días -explica o diario británico The Guardian-, ao averiguarse que os ministros do Goberno estiveron intercambiando puntos de vista coa industria e a comunidade científica sobre o cénit do petróleo, disparáronse as especulacións sobre unha posible crise de oferta. Ou cando o pasado mes de maio o investigador Lionel Badal, en comparecencia ante a Comisión Europea, presentou as súas dúbidas acerca da fiabilidade das previsións da dispoñibilidade mundial de petróleo realizadas pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE).

Ler máis...

banca-etica - Share on Ovi

Os movementos de banca e, en xeral, finanzas éticas parten cunha clara desvantaxe, implícita no seu propio nome: que, na mesma expresión, aparezan as palabras banca e ética adoita levar ao público en xeral á desconfianza ou á risa; á fin e ao cabo, dentro dos mesmos mercados financeiros a ética non está valorada como unha vantaxe e, en moitos casos, é considerada como un lastre para a maximización dos beneficios.

Este movemento tamén conta con outro grave problema de base: a indiferenza maioritaria dos usuarios dos bancos sobre o destino do diñeiro que teñen neles depositados; o único interese adoita centrarse en que interese vai obter polo seu diñeiro ou polos seus investimentos en bolsa.

En terceiro lugar, os movementos de banca ética atópanse con outro grave problema: o pequeno ou mediano tamaño das súas iniciativas impide, polo menos en aparencia, que as súas accións teñan verdadeiro calado e influencia sobre o conxunto dos mercados financeiros.

Ler máis...

Leite cru O Alle b - Share on Ovi

P.V. E J. R. (NOVAS DA GALIZA)/ Com a conhecida crise no sector leiteiro pola dependência da indústria, tenhem agora um destaque maior aquelas fórmulas de agricultura que se libertam das ataduras do modelo industrial e retornam à velha ideia do agricultor como gestor do seu próprio património. Antonio Carral é um deles. Com umha exploraçom de ao redor de 60 cabeças e 40 hectares, produz desde há 5 anos 'em ecológico', convencido de que este é o caminho. Acaba de abrir umha tenda em Lalim. Falamos com ele acerca do seu modelo de produçom.

 Praticou desde sempre a agricultura ecológica ou mudou a partir da convencional?

 Mudei, nós eramos umha exploraçom intensiva, com umha carrega gandeira de três vacas por hectare e umhas producçons medias de 7000/8000 litros por vaca/ano. A base da producçom era o que hoje se olha por todos os lados; prado wasterwall, e milho entorno ao 50, 60, 70 % dependendo do ano da exploraçom, e com umha facturaçom que oscilava entre os 6000 e os 9000 € cada mês.

 Além disso as horas de trabalho e o esforço que realizavas, levava-cho outra gente, nom quedavam para ti. A jornada de trabalho era de 12- 15h dia, mas esse dinheiro nom repercutia para ti.

Fai aproximadamente 9 anos ou assim, antes de começar com o modelo ecológico, num mês cobramos 9000€ e tam só fiquei com 600€

 Além disso via que estava acabando com o que tinha, por um lado as terras, contaminando-as, esmagando-as vivas pola sobreproduçom que consistia em milho-wasterwall-milho-wasterwall, aportando altas quantidades de nitrogênio; e por outro lado os animais apertavam-se de tal jeito com concentrados, antibióticos, etc, que vias como estavas destruindo o teu próprio patrimônio, mas ao mesmo tempo o dinheiro levava-no outras pessoas. Foi por isso que decidimos fazer o cambio ao sistema mais sustentável e ecológico.

Ler máis...

gefish_logo - Share on Ovi

Dentro de escasos meses, os norteamericanos poderán dirixirse a unha pescadería e escoller entre salmón natural ou salmón transxénico, se é que existe a posibilidade de elixir. A Administración Federal de Medicamentos e Alimentos de Estados Unidos (FDA) concluíu a primeiros de setembro que o salmón transxénico é apto para o consumo humano.

Durante varios meses avaliouse este peixe xeneticamente modificado para consumo humano, que desenvolveu a empresa AquaBounty Technologies Inc. Esta compañía de biotecnoloxía xestiona dous criadeiros artificiais na illa Príncipe Eduardo (Canadá) e en Panamá, nos que se obtén salmón que pode alcanzar nun ano e medio un tamaño similar ao de tres anos, grazas á introdución neste peixe dun xene que multiplica a produción da hormona do crecemento.

É a primeira vez que a FDA autoriza o consumo dun animal transxénico. Agora a compañía AquaBounty vai conseguir o que leva perseguindo desde fai máis dunha década.

Ler máis...

EmQuilmas - Share on Ovi

Di Susan George no seu último libro, As súas crises, as nosas solucións, que "todas estas crises proceden das mesmas políticas neoliberais establecidas polos mesmos actores (...). Poderiamos gozar dun mundo limpo, verde, rico e xusto, onde todos e todas puidésemos vivir dignamente. Á súa lóxica, debemos opor a nosa. Non é tan complicado se comezamos por investir os termos". Por exemplo, e xa se presentou nestas páxinas, fronte á paradigma do crecemento permanente como suposto motor de desenvolvemento, fagamos desta crise a oportunidade para retroceder uns pasos do camiño andado e reprogramar un decrecimento (non forzado, como o actual) saudábel para un planeta quente.

Baixo esa mesma lóxica nosa, que pasaría se volteáramos -polo menos en parte- o esquema dominante que levou ao sector primario da economía de encabezar até os anos sesenta e setenta as cifras do emprego e de contribución ao Produto Interior Bruto a un papel case residual nas chamadas economías modernas? Que pasaría se se promovese ruralizar a economía? Ou, tomando unha proposta concreta, que sucedería co emprego se cuestionásemos as políticas clásicas a favor da agricultura intensiva en petróleo, por unha agricultura ecolóxica intensiva en man de obra?

Ler máis...
zocarede