electricidade - Share on Ovi

Os constantes chamamentos sobre a necesidade de aplicar subidas estratosféricas aos prezos da electricidade están a axudarnos a dixerir os incrementos que nos aplican cada semestre. Supostamente, estamos a pagar a luz por baixo do seu valor por culpa do "déficit tarifario", ou das Enerxías Renovabeis. Mas, que hai de certo nisto? Un estudo máis en profundidade dos acontecementos lévanos a conclusións ben distintas, e canto menos preocupantes.

Esta exposición resume a situación que estamos a padecer os cidadáns e empresas consumidores de electricidade. A demostración de todos os feitos pode consultarse nos artigos referenciados ao final.

Ler máis...

Etiqueta - Share on Ovi

A industria agroalimentar leva investidos mil millóns de euros nunha campaña para evitar a implantación de etiquetas que advirtan sobre cuestións de saúde nos alimentos. O sistema de etiquetaxe coñecida por "Semáforo" informa do valor nutricional e sobre a cantidade de certas sustancias que conteñen os alimentos. Se un valor se estíma que é desproporcionado aparecerá coa cor vermella.
A industria da alimentación tenta, mediante campañas de dubidoso beneficio para os consumidores, que non se vote a lei que obrigaría a etiquetar os alimentos que eles producen mediante o sistema "Semáforo".
En marzo de 2010, os parlamentarios europeos dixeron non ao etiquetaje de alimentos co semáforo indicativo, pero o mércores 16 de xuño deberán ratificar esta decisión en reunión parlamentaria.

Ler máis...

ikea - Share on Ovi

O desembarco de Ikea na Galiza, co centro da Coruña e outro disque previsto para Vigo nuns anos, non é tan boa nova como os alcaldes, faltos de ideas alternativas, nos fan crer. A non ser que a inxente utilización de cartos públicos para acomodar a súa implantación -infraestruturas e outras facilidades- coa escusa da creación de emprego -uns 400 e non todos a tempo completo-, as súas dubidosas prácticas e o efecto negativo sobre unha chea de pequenas empresas e comercios do sector sexan motivo de ledicia. Non aprendemos.

Ler máis...

pesticidas - Share on Ovi

Cando falamos por aí dos servizos que a natureza presta gratuitamente aos humanos somos, polo xeral, ben entendidos. A xente admite que os bosques frean a erosión, as bacterias e plantas liberan o osíxeno que respiramos, os microorganismos fan fértil o chan, os insectos polinizan as colleitas, etc. Hai un punto, no entanto, que a miúdo suscita controversia: o de que a natureza controla, ou limita, as pragas das colleitas. Máis dunha persoa interpeloume: "Delibes, aí equivócase; a natureza causa as pragas, e non ao revés; se o saberei eu, que non dou abasto envenenando pulgones".
Ocorre que talvez sen eses velenos e outros anteriores as pragas de pulgones non existirían. Está máis que demostrado que o uso de insecticidas de amplo espectro é responsábel de gran parte das pragas actuais.

Ler máis...

lixeira - Share on Ovi

En Occidente, os computadores cada vez envellecen antes. Renovamos móbiles, televisores ou frigoríficos antes de que acaben a súa vida útil. Miles destes aparellos chegan cada mañá, hacinados en vellas carretas, a unha zona coñecida como Sodoma e Gomorra en Accra, a capital de Ghana. Alí, miles de traballadores descortizan a golpe de martelo desde motores de grandes máquinas a computadores ou impresoras, en busca de pequenas pezas de metal que poidan vender. Sobre os teitos das barracas contiguas ao vertedoiro planea un fume negro, unha nube densa e quente que o vento arrastra ao interior do barrio. A dirección do fume apunta aos lugares onde se queiman as veas e as tripas de computadores, televisores e outros aparellos electrónicos en busca de metais como cobre e aluminio. Entre o fume distínguense as siluetas dos traballadores, menores de idade na súa gran maioría, que dirixen a combustión. Os nenos usan imáns para recoller as pequenas partículas de metal sobre un chan negro cheo de cinzas. Conseguir os restos de metal soltos tras a queima é o labor máis baixo no proceso de reciclaxe.

Ler máis...
zocarede