Gaia - Share on Ovi

Na recente Conferencia Mundial dos Pobos sobre o Cambio Climático, celebrada en Cochabamba (Bolivia), falouse amplamente dunha comunidade moi agredida e maltreita, e mostráronse cara a ela constantes referencias de solidariedade e mensaxes de apoio. Falaban, claro, do planeta Terra, a nai natureza ou a Pachamama, sinónimos todos da máis grande comunidade de vida coñecida.
Sabémolo pero ignorámolo. A Terra é un ser vivo, agora malferido. Sofre unha febre constante que, se continúa progresando, pode xerarlle algunhas patoloxías irreversibeis. O aire que respira é cada vez máis pobre en osíxeno e así, mal alimentada, envellece precozmente. As súas arterias -os ríos, o mar- están contaminadas e infestadas, o que lle resta enerxías. As células que a conforman -especies vexetais e animais- corren o risco de desaparecer. E o ritmo que lle esixe unha destas especies, a humana, é tan acelerado que -din os expertos- en menos de 20 anos necesitaría unha irmá xemelga, un segundo planeta, para ser capaz de seguir ofrecendo e regalando todo o que hoxe lle esiximos a golpe de perforadora, arrastrando redes sobre o seu leito mariño e envenenando a súa fina capa de pel -a terra fértil- con químicos moi agresivos.

Ler máis...

programa_pesca_vigo - Share on Ovi

As xentes que viven do mar coñecen de primeira man a realidade do sector pesqueiro. Son testemuñas, día a día, das continuas agresións ao medio mariño. Testemuñas e axentes involuntarios. Empresas e mariñeiros tratan de manter unha actividade extractiva cada vez menos rendíbel e que, diante da presión do mercado capitalista, carece de regulamentacións e límites racionais, o que deriva na sobreexplotación do mar como recurso e na súa degradación como ecosistema.

Dende as artes tradicionais de antano até a pesca industrial de hoxe, a actividade pesqueira sufriu unha evolución tecnolóxica que, asociada ao actual modelo socioeconómico, ten efectos perversos. En primeiro lugar, unha desmesurada capacidade de explotación, e a correspondente desmesura na demanda. En segundo lugar, a concentración dos medios extractivos máis potentes nas mans das poucas empresas coa capacidade económica e tecnolóxica precisa. En terceiro lugar, o férreo control do mercado por intermediarios multinacionais.

A sobreexplotación dos caladoiros está a provocar un esgotamento dos recursos nunca antes coñecido, mais sobre todo un desequilibrio ecolóxico que leva aos ecosistemas mariños a unha situación crítica, ocultada sistematicamente polos poderes políticos á opinión pública.

Ler máis...

Food Rebelion - Share on Ovi

DIAGONAL: Dous anos despois de que se desatase a crise alimentaria mundial, continúan as rebelións alimentarias?
ERIC HOLTZ: Non hai tantas como en 2007 e 2008. Pero si que continúan, porque no fondo a rebelión alimentaria é unha rebelión política contra un sistema que non serve aos intereses da poboación, senón aos monopolios que controlan os sistemas alimentarios. O que pasa é que agora a cara da rebelión cambiou. Hai moita máis organización, existen máis alianzas, máis mobilizacións políticas.

Ler máis...

Joaquim Sempere - Share on Ovi

Joaquín Semprere é profesor de Sociología da Universidade de Barcelona e autor de diversas obras sobre a explosión consumista, o final dos combustibeis non renovabeis e a crise ecolóxica. Os seus campos de investigación preferentes céntranse nas necesidades humanas e ambientais. Participou na Semana Galega de Filosofía 2010 cun relatorio sobre o decrecimento.
"Cando os bancos ou os financeiros falan de crecemento", explica o sociólogo Joaquín sempere, "non ten nada que ver co progreso humano, coa necesidade real, senón cun único concepto: aumentar, aumentar, aumentar sempre o volume da economía"

Ler máis...

buy-nothing-day - Share on Ovi
 

Ir mercar ao supermercado converteuse nunha práctica cotiá. De feito, un 80% das nosas compras fanse en grandes cadeas de distribución como Carrefour, Alcampo, Eroski, El Corte Inglés e Mercadona. Aínda que comemos e consumimos diariamente, e moi a miúdo facémolo mediante a compra en supermercados, poucas veces nos detemos a pensar nas consecuencias que este modelo ten para quen participan na cadea de comercialización: Labregos, traballadores, consumidores, comercio local. Agora pode ser un bo momento para expormos estas cuestións.

Ler máis...
zocarede