Feira da Economía Social

Actualizado! Xa temos un listado detallado cunha pequena descrición das participantes e a programación completa da feira.

A comunidade de Coruña se xunta ás organizacións solidarias de Galicia para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.

É por iso polo que, nesta sinalada data, organizamos unha Feira da Economía Social. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco, ...

Nestes tempos nos que a economía está desprestixiada, na que desconfiamos de todo pero dun modo ou doutro seguimos alimentando a roda deste sistema inxusto, queremos visibilizar ás persoas e colectivos que tamén son economía, pero economía social. Proxectos que podemos potenciar, aos que derivar o noso consumo e nos que podemos tamén participar.

Nesta feira poderemos:

Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites.
Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico.
Coñecer outras alternativas á banca convencional.
Coñecer como conseguir servizos e bens sen cartos.
Descubrir e debatir sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, ...
Ver en funcionamento cociñas solares.
Escoitar música libre.
E moitas cousas máis!

Xa temos un listado detallado cunha pequena descrición das participantes e a programación completa da feira. Para pasar a mañá e a tarde... comer alí... xa chega!!! esperámoste!!!

Participantes: https://www.box.com/s/xb9mmwyr1lgg5r4ta0n8
Programación: https://www.box.com/s/mwclsqt0pcs1yt8dsalh

As organizacións que confirmadas que participarán nesta feira son:

Proxecto Integral - https://www.facebook.com/IntegralCorunha
Fiare - http://fiaregz.wordpress.com/
 

Intermón Oxfam - http://www.intermonoxfam.org/
 

Solidaridade Internacional - http://www.solidaridadgalicia.org/
 

Labañou Solidaria - http://www.labanousolidaria.org/
 

Som Energia - http://www.somenergia.coop/
 

Os Picos do Sol - https://www.facebook.com/OsPicosDoSolAsociacionCultural
Arquitectos sen Fronteiras - http://galicia.asfes.org/
 

Proxecto Mulleres Colleiteiras - http://galicia.asfes.org/untitledpost
 

Veloaivai - http://veloaivai.com/
 

Rede de Troco Coruña - https://www.facebook.com/groups/redetrococorunha
Saca de Favores - https://n-1.cc/g/saca-de-favores
 

Reciclín Reciclán - http://reciclinreciclan.blogspot.com.es/
 

Taller de Polo - http://tallerdepolo.blogspot.com.es/
 

A Casa Tomada - http://casatomada.org/
 

Bricolabs - http://bricolabs.cc/
 

One Reagge Band - http://www.facebook.com/oneband
Criando - http://www.criando.org/
 

Zocamiñoca - http://www.zocaminhoca.org/
 

Leira Longa - http://www.leiralonga.com/
 

Rainha Lupa - http://cooperativadeagriculturaecoloxicarainhalupa.wordpress.com/
 

Val de Barcia - http://valledebarcia.blogspot.com.es/
 

Millo e Landras - http://milloelandras.blogspot.com.es/
 

Fresaster do Canal - http://fresaster.com/
 

Selva Lupi - http://www.selvalupi.com/
 

3 Esquíos - http://3esquios.blogspot.com.es/
 

Afree K Art - https://www.facebook.com/afreekart

zocarede