cartazencontrotransicionbetanzos

 

 A asociación Véspera de Nada  apoiada pola Red de Transición e outros colectivos afíns organiza o Encontro de Iniciativas de Decrecemento e Transición  en Betanzos que comezará o sábado 29 de outubro pola mañá e finalizará o luns 31 pola tarde , no que se agarda participarán iniciativas e persoas tanto do Estado español como de Portugal.

Pódese consultar o programa na seguinte ligazón:

https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/programa/

 

cartazdiamundial2016

Como cada ano, desde 2011,  La Garbancita Ecológica e outros colectivos amigos para o 16 de outubro, Dia Mundial da Alimentación Agroecolóxica organizan unha campaña cun manifesto que fortalece o traballo que, cada día, facemos no Consumo Responsable Agroecológico, a Educación Alimentaria, a loita contra a Obesidad Infantil, a Saúde e a Agroecología. Este ano ademais, concorre a conmemoración do Ano Internacional das Legumes.

Para consutar o manifesto cliquea AQUI

Para adhesións ou para enviar achegas á campaña das entidades adheridas escribir a  lacestabasica(aroba)lagarbancitaecologica.org

 

 

 

obradoiro bebidas vexetais 2016 redes

 

Organizamos un novo obradoiro de leites vexetais, o próximo venres 22 de Abril no C.C de Castrillón (Plaza Pablo Iglesias) de 17:30 a 20:30. Contamos con 30 plazas, con prioridade de socias zocamiñoqueiras; para inscribirse enviar correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Faremos un bote entre as asistentes para pagar os ingredientes que utilizaremos para o curso.

imaxeasamblea2016

 

Convócase a Asemblea Xeral Ordinaria de Zocamiñoca, S. Coop. Galega que terá lugar no local da propia cooperativa, en A Coruña, rúa da Concordia número 199 baixo, o día 25 de xuño de 2016 ás 9:30 h en primeira convocatoria e ás 10:00 h en segunda covocatoria coa seguinte orde do día:

 

1. Proposta de novo espacio de decisións da cooperativa. Presentación do borrador da proposta e melloras

2. Presentación de datos económicos e Aprobación de Contas de 2015

3. Toma de decisión para xerar novo espacio de decisións en Zocamiñoca

 

Os balances de 2015 envíados na convocatoria por e-correo  tamén estarán a disposición das socias no enderezo do local indicado arriba.

zocarede