VI Mercado Ecolóxico

 

Quilmas acolle a IV edición do Mercado Ecolóxico Tradicional o venres 29 de Marzo. Este mercado enmárcase nunha ristra de eventos que terán lugar nos vindeiros 6 meses onde estará representados un compendio dos diferentes movementos que están a xirar e traballar ao redor da agroecoloxía na Galiza. as labregas, apicultoras, artesás dos alimentos e da natureza e colectivos que traballan a cotío pola defensa do medio ambiente, teñen nestes eventos un espazo para a mostra, a divulgación e a conexión de ideias co público en xeral. As persoas que teñan inquedanzas nos xeitos de produción de alimentos ecolóxicos ou en movementos de acción medioambiental e sostibilidade práctica, en proxectos pola defensa da terra...

Tamén nestes mercados há espazo para o lecer, para desfrutar da contorna descubrindo a aldeia da Curra, as praias antigas de Quilmas e Panchés, o Porto natural de Quilmas, as múltiples cabaceiras que evocan eses tempos onde estaban cheias de alimentos e, polo tanto, cando as leiras eran mosaicos de cultivares coridos perfilados por sebes e muros de pedra.

Dende a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e da Coop. de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa animámosvos a achegarvos!
 

ZocabirraEncontro festeiro para socias e amigas de Zocamiñoca, e tamén para quen simpatice coa ecoloxía, o consumo responsable, o rural, o intercambio, ... Unha estupenda oportunidade para falar de consumo responsable ou de todo o contrario. Un momento para charlar, debater, opinar, compartir, ...

Anímate! Vémonos no Café da Guiné (rúa San Xosé, 2)!

O proxecto Grupo a Grupo é un páxina web (www.grupoagrupo.net) que pretende facilitar o encontro entre consumidores, grupos de consumo e productores, centralizando a información que agora mesmo está moi dispersa. Ao mesmo tempo pretende facilitar a comercialización para os productores e o sistema de pedido para os grupos de consumo a través dun sistema áxil e sinxelo.

Grupo a Grupo é unha ferramenta para que os movementos de consumo responsable sigan crecendo.

 



Xornadas mobilidade

 

¿Ónde?

As xornadas levaranse a cabo os días 1, 2 e 3 de marzo de 2013.

Consulta o programa e ubicacións das actividades das xornadas [+info]

 


A Plataforma pola Mobilidade  naceu no 2011 co ánimo de abrir un espazo de reflexión e de debate sobre políticas de mobilidade e transporte urbano na  comarca da Coruña dun modo construtivo e independente de ideoloxía política.

Un dos obxectivos de traballo clave é a formación e a difusión de ferramentas, análises e casos de éxito de diferentes iniciativas vencelladas ó transporte de persoas dunha forma sustentable e respetuosa co medio e co propio cidadán.

Zocamiñoca forma parte da Plataforma da Mobilidade de Coruña. Estar ben informadas é fundamental para ter un criterio fronte á cultura dominante do coche a todas e por todas partes. Porque existen tamé outras formas de desprazarse ... a pé, en bici, en transporte público. 

Nesta e a próxima semana Zocamiñoca participa en diferentes actividades:

- Xoves 13, ás 19:30h no Campo de Marte: Asemblea Popular do 15m de Montealto na que haberá unha charla-debate sobre o consumo responsable.

- Xoves 13, ás 17:00h en Cuacfm: Meigas Radioactivas, coa participación de Zocamiñoca.

- Mércores 19, ás 20h na A.C. Alexandre Bóveda: Outro mundo é posible, docu + 3 charlas (banca ética, consumo responsable e roupa limpa). Organizado por Adega.

Queremos vervos por aí (nas ondas libres tamén Sonriente).

zocarede