revista leisa

Leisa está na rede, é de acceso gratuito e imprime 10.000 exemplares, adicados na sua meirande parte ó campesinado pobre de Sudamérica. Financiase gracias a unha ONG de Suecia.

No seu último número (vol.8 nº3) faise mención á cooperativa zocamiñoca, nun interesante artigo de A.J. Vázquez Rodríguez e J.M. Vázquez Varela (Las sociedades e producción y consumo responsables en Galicia, pag.25). Toca ler un pouco!

http://www.leisa-al.org/web/revistas/vol-28-numero-3.html

Terractiva
 
 
O 17 e 18 de Novembro celebrase o Festival Terractiva 2012. A feira ecolóxica que se leva celebrando en Arzúa desde fai xa uns cantos anos, con espazo para stands de produtoras ecolóxicas e organizacións relacionadas, comedor vegano, obradoiros para nenas e para maiores, charlas, actuacións musicais e teatrais, etc. O programa pódese consutar na páxina web http://www.terractiva.org

Zocamiñoca acude a esta feira como parte dun stand compartido con outros grupos de consumo responsable: A Cova da Terra (Lugo), Panxea (Compostela) e Árbore (Vigo). Estaremos informando ás asistentes do que é o consumo responsable, que grupos hai nas diferentes partes do territorio, o porque da necesidade de consumir de xeito responsable.

Ademáis da información derivada do stand, haberá unha charla-mesa redonda sobre consumo responsable, o sábado a última hora da mañá, nunha das aulas do recinto.
 

 

Curso Facilitación

Impartido por
César Fernández Fernández. Membro de IIFAC-E (Instituto Internacional de Facilitación e Cambio).

Introdución
A Facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais; tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima relacional onde abunde a confianza e unha comunicación fluída, empática e honesta.
A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria alicerces para as transformacións sociais que se perseguen. A Facilitación significa poñer a conciencia xunto coas nosas interaccións, apoiando a diversidade e o noso propósito común. Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero, sen facilitación os conflitos son custosos. Repítense e escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións. A Facilitación fai a diferenza.

A quen vai dirixido
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.

 

zocarede