Coloquio

Este martes 6 de novembro, ás 20h no local da CNT (Washingtown, 36 - detrás da domus), falaremos da experiencia de zocamiñoca, do consumo responsable e de todo o que xurda no coloquio ;)


 
 
Día: 22 de setembro (sábado)

Lugar: Centro Cívico Municipal do Castrillón (Pza. Pablo Iglesias, s/n)

Primeira convocatoria: 16 horas
Segunda convocatoria: 16:30 horas

Orde do día:

  • Presentación/explicación dos motivos da asemblea. 15m

  • Propostas para a mellora da participación nos grupos de traballo e a incorporación das socias. 1h15m

  • Potenciación do grupo de produtoras. 30m

  • Descanso. 30m

  • Cuestións económicas da cooperativa. 1h

  • Xestión das quendas de limpeza do local, e outras propostas do grupo de local. 30m

Tendo crecido considerabelmente nos últimos anos, a comunidade de Zocamiñoca está hoxe en día habitada por moitas persoas con moitas capacidades e intereses diferentes. É pois o momento de avaliar este crecemento e iniciar o noso proceso de continuidade.

Na pasada asamblea de Xullo encontrámonos socias novas con socias que xá levaban na cooperativa uns anos, e démonos conta de que era fundamental re-pensar e re-construir esta iniciativa dacordo cos novos sentires así como coas experiencias gañadas para lle dar entre todas un rumbo común á cooperativa.

Chamamos á participación na Asamblea en base ao principio organizativo que nos define como unha cooperativa participativa, na que as socias somos as actoras principais na xestión, mantemento e filosofía do proxecto, a través da participación en grupos de traballo, tarefas puntuais, quendas de limpeza, consumo, aportación de ideas, actividades propias e por suposto, Asambleas.

As Asambleas Anuais e/ou extraordinarias son os órganos de máxima decisión e os momentos en que todas as socias avaliamos o traballo feito durante o ano e decidimos as liñas xerais a seguir cara ao seguinte. É pois fudamental que todas participemos na medida do posibel para facer deste un proceso verdadeiramente democrático e consensuado.

No descanso da Asamblea poderemos tomar algo de beber e picar, polo que entre as socias podemos levar bebida ou comida para compartir co resto.

Mercado Quilmas 20 maio

A Cooperativa Raínha Lupa reanundan a celebración dos mercados reivindicativos pola defensa da terra, nos  que se visualizan as actividades e proxectos das xentes que estamos a traballar coa terra e os seus froitos de xeito respectuoso e consciente. Os mercados realizaranse en Quilmas, desta volta nunha explanada no monte (estará indicado) ampla onde hai aparcamento, conseguimos carpas polo que desta vez estaremos a cuberto da choiva ou do sol en función do que veña. O primeiro destes mercados será o domingo 20 de Maio, co seguinte horario 10:00h até 20:00h.

Achégate ao mercado ecolóxico de Quilmas e teredes a oportunidade de degustar cervexa artesá do Morraso, hortalizas frescas ecolóxicas galegas, mel de Carnota. Atoparás mesas de diferentes colectivos, información sobre o consumo responsable, agroecoloxía, ecoloxismo, protección do medio ambiente e desenrolo rural sostible. Haberá unha mostra dos materiais da terra, con artesanía de proximidade, cerámica e cesteiría, artesáns que tecen bímbios e xestas, carqueixas e salgueiros para facer útis da natureza.

Web da Cooperativa Raínha Lupa

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria
 

Día: Venres 13 de xullo

Hora: 1.ª convocatoria: 18.30 horas

           2.ª convocatoria: 19.00 horas

 Lugar: Centro Cívico Municipal de Monte Alto                        (r/ Vereda do Polvorín-Praza dos Avós, s/n)

 

Coa seguinte orde do día:


1- Exame da xestión social, aprobación das contas anuais e distribución de excedentes.

2- Balance das actividades da cooperativa duante o último ano.

3- Propostas de traballo e activación de grupos.

4- Reflexións das socias sobre que cooperativa queremos no futuro.

5- Outros asuntos.

* Aquelas socias que non poidades asistir, podedes outorgarlle a representación a outra persoa socia.

* Os estados contables correspondentes ao exercicio de 2011 están á disposición das socias no local da cooperativa.

* Importante: comezaremos moi puntuais.

Día do Comercio Xusto e Consumo Responsable

 As organizacións Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional de Galicia, Labañou Solidaria e a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca xunto con Fiare Banca Ética e os produtores locais Millo e Landras, a Horta do Sacho, Val de Barcia e a Cooperativa Raíña Lupa estarán presentes durante o sábado 12 de Maio, dende as 11:00 ata as 20:00 horas, na Praza de Pontevedra, para celebrar o Día Internacional do comercio xusto. Este será o primeiro ano no que se abre esta celebración a outras entidades que traballan en termos de Consumo Responsable, dentro do cal se sitúa o Comercio Xusto, amosando á cidadanía alternativas reais e en funcionamento na nosa cidade que loitan por un mundo máis xusto e máis sostible.

Ao longo de todo o día poñeranse á venda produtos de alimentación, cosmética, artesanía e roupa de Comercio Xusto. Este ano haberá, ademais, produtos frescos e ecolóxicos locais traídos por produtores do noso ámbito que traballan con Zocamiñoca cos que tamén haberá un espazo aberto para o diálogo e a participación. Complementarase a exposición e venda de produtos, con actividades para nenos e nenas e charlas-coloquio nos seguintes horarios:

  • Que é Consumo Responsable? Falaremos con Zocamiñoca e as produtoras locais, ás 12:00 horas.
  • Como funciona a Banca Ética? a cargo de Fiare, ás 13:00 horas.
  • Por que Comercio Xusto? Falarán Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional e Labañou Solidaria, ás 16:30 horas.
zocarede