Zocamiñoca e Millo e Landras Granxa Ecolóxica participan nas I Xornadas de Economía e Desenvolvemento que se celebrarán no salón de graos da Facultade de Económicas e Empresariais do campus de Elviña (Coruña), os días 10 e 11 de novembro.

Nestas xornadas comparecerán expertos en Economía Social integrando diferentes perspectivas, incluíndo a participación de membros da banca tradicional, así coma de outras iniciativas integradas na denominada Banca Ética. As docencias serán prácticas e baseadas en exemplos dos diferentes modelos económicos presentados polos docentes.

Zocamiñoca e Millo e Landras estarán o xoves 10 de 16h a 18h no bloque: Consumo Responsable. Consumo Local.

• Consumo responsable ou consciente. Outro xeito de ver a economía.
• Grupos de consumo responsable ou consciente. Os modelos.
• A granxa ecolóxica local. O ciclo pechado.

Xa está aberto o prazo de matrícula. Solicitado 1 crédito de libre configuración. Prezo de inscrición: 15 euros (gratuitas para o voluntariado) Preinscrición, do 17 de outubro ao 8 de novembro no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis información no tríptico en pdf

Oficina de voluntariado da UDC

Debate

Zocamiñoca participará o sábado 5 de novembro en Teo no I Encontro Social Galego. O obxectivo é reflexionar de xeito conxunto e crear redes que permitan mellorar a incidencia. Ata o momento son 16 as organización que xa teñen anunciado o apoio a esta iniciativa. Trátase dunha convocatoria plural e descentralizada e que persigue xuntar nun mesmo foro os novos movementos sociais (ONGs, culturais, ecoloxistas, feministas, consumo, sindicais…) e os novísimos movementos xurdidos da indignación (15-M, DRX, Afectados polas hipotecas, …).

O I Encontro Social Galego desenvolverase cunha estrutura de debates sobre 5 eixos que darán lugar a diferentes grupos de traballo, entre eles o referido a consumo, sustentabilidade e alternativas económicas.

Blog Facendo Redes
Encontro Social Galego no Facebook

Este sábado 1 de outubro celébrase en Quilmas a 3ª edición do Mercado Ecolóxico-Tradicional "pola defensa da terra". Salientar que o domingo 2 de outubro, realizarase en Carnota a IV Limpeza Simultánea de Ríos, actividade á que vos animamos a vir por ser gran interese a concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental, aparte que o percorrido escollido é de gran beleza e merece a pena coñecelo.

A continuación engádese o programa de ambas actividades,  brevemente enviaremos a listaxe definitiva dos participantes:

Ler máis...

golfo fonseca
O próximo 2 de novembro, ás 19:30h presentarase no Fórum Metropolitano (A Coruña), a exposición, libro de fotografías e documental que levan por título "Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible".

Con estes recursos educativos, Amigos da Terra en colaboración con Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) pretenden dar a coñecer en Galicia os logros acadados nos proxectos de cooperación ao desenrolo en pesca artesanal sustentable realizados por Amigos da Terra desde 2004 no Golfo de Fonseca (Honduras, Nicaragua e O Salvador).

Nota: agradezco confirmación de asistencia vía correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." mce_' + path + '\'' + prefix + ':' + addy97079 + '\' target="_blank">'+addy_text97079+'<\/a>'; //--> ) o teléfono (986 125 171).

nuevoshorizontes

O vindeiro luns 12 de Setembro celebrarase unha xornada sobre "Variedades locais e gastronomía" no marco do proxecto de cooperación "Novos Horizontes". Esta xornada desenvolverase na aula de Cociña de Porto Muiños en Cambre (A Coruña), e dará comezo ás 10:30 h.

Esta xornada servirá para coñecer en maior profundidade o Movemento Slow Food, que pode supor unha estratexia crave para a valorización e/ou diferenciación dalgunhas das nosas producións agroalimentarias; servirá para coñecer novas ferramentas para a comercialización agroalimentaria como son os Grupos de Consumo responsable, e que se están consolidando día a día; para ter máis información sobre as Redes de Sementes e as iniciativas sociais para a recuperación e conservación do noso patrimonio xenético vexetal.

Zocamiñoca participará nesta xornada. Para baixar o programa e ler o contido completo: http://www.proyectonuevoshorizontes.blogspot.com

zocarede