OGM - Share on Ovi

A presença aleatória e inintencionada de pólen de cultivos transgénicos em mel ou qualquer produto derivado, mesmo que produzido por apicultores respeitosos com o meio natural, obrigará a conseguir umha autorizaçom para poder comercializá-los. O Tribunal de Justiça da Uniom Europeia (TUE) vem de ditaminar que estes produtos, embora nom sejam OGM nem se lhes aplique a legislaçom correspondente, sim contenhem ingredientes OGM e portanto necessitarám essa autorizaçom e também mencionar na embalagem o conteúdo em transgénicos. Umha sentença de dobre filo que por umha parte "desnormaliza" a proliferaçom de OGM e pola outra fai recair os custos em quem nem utiliza nem deseja utilizar transgénicos. A Plataforma Galega Anti-transgénicos alerta de quea Galiza, onde os milho transgénico se cultiva a grande escala, isto suporá que a maioria dos apicultores poderiam ter que etiquetar como "transgénico" o seu mel, com grave custo para a sua comercializaçom.

Ler máis...

2º mercado ecolóxico pola defensa da terra
A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa ven de decidir ampliar o seu Mercado Ecolóxico a sete edicións por ano. Deste xeito, a vindeira cita será este mes de agosto, a fin de semana do sábado 13 e o domingo 14. O Mercado será o sábado, e estará complementado por unha xornada de interese cultural, con roteiros e actividades como charlas, debates, proxeccións e música.
Ler máis...

mercado quilmas

Desde a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, convidannos ao Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de xullo durante todo o día. Están a preparar diversas actividades simultáneas, pero o principal  é que haberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa das que a traballan e a coidan... e a desfrutan e protexen. Tamén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.

Este sábado, día 9 de xullo, celebrarase no Convento de Santo Antonio, en Herbón, o segundo encontro da Rede Galega de Sementes.

 cartaz encontro

Os obxectivos deste encontro son:

- favorecer o intercambio de sementes tradicionais e variedades locais

- apoiar a creación dun grupo local de traballo da Rede Galega de Sementes para a "zona norte"

Ler máis...

pescaartesanal

As xornadas están organizadas pola Confrará de Lira para este venres 17 de xuño, a partir das 16:15h, dentro do proxecto "Liceo Mariñeiro". Este Liceo mariñeiro parte da situación de “A pesca artesanal na encrucillada”, para promover a idea “Dun mar sostible a un consumidor responsable”.

Ler máis...
zocarede