II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable

Lugar: Casa Casares Quiroga (r/. Panadeiras, 12)
Organiza:
Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca
Colabora:
ATTAC Coruña

Venres 8 de maio (19.30 horas)

  • Vídeo fórum sobre consumo
Sábado 9 de maio (19 horas)    
  • Presentación ATTAC Coruña
  • Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora
  • Coloquio
Ler máis...

zocaminhoca

Esta semana Zocamiñoca participará nun par de acontecementos destacados na nosa cidade. Son actividades moi interesantes onde se poderá coñecer o funcionamento e a actividade de moitos grupos relacionados coa sustentabilidade e co asociacionismo, animamos a todas a acudir!

  • Ese mesmo xoves estaremos na Universidade da Coruña (nunha carpa diante da facultade de Socioloxía) na II Feira da Sustentabilidade da UDC. Será de 11h a 19h initerrumpidamente.
  • O sábado estaremos na I Romaría Asociativa organizada por Cuacfm. Será de 12h a 18h e ademáis haberá actuacións musicais e teatrais. Tamén haberá un xantar popular xuntando a comida que levemos cada un para socializar ou a opción pulpeira para quen non leve comida.
  • E o acontecemento estrela da primavera, que digo... de todo o ano! as II Xornadas de Consumo Consciente e Responsable do 6 e 7 de maio organizadas por Zocamiñoca.

A tecnoloxía camiña a maior velocidade que a sociedade, ou que o consumo. Ou, simplemente, o consumo e a tecnoloxía non son compatibles. O documental "Comprar, tirar, comprar", estrenado no pasado mes de decembro en TV3, dirixido pola alemana Cosima Dannoritzer e producido por Media 3.14 e Article Z, en coprodución coa televisión autonómica catalana, TVE e Arte France, denuncia unha práctica común na sociedade de consumo desde hai perto dun século: a obsolescencia programada, é dicir, o recorte deliberado da vida dun produto para incrementar o seu consumo. É a loita do negocio contra a tecnoloxía e a ética contra o capitalismo.


Se queres ver o documental podes velo directamente desde a páxina de TV3  , ou agardar ao día 9 de xaneiro (22horas), cando será emitido, en castelán, en TVE.

Se queres saber máis: artigo en Publico.es

Editado

Polo que parece, o documental xa non se pode visualizar a través da páxina web. O único que sigue online e este pequeno vídeo. Se estades interesadas deixarei unha copia do documental no local da cooperativa, se non, pois a agardar ao día 9 a que o emitan de novo.

Tes o trasteiro cheo de cousas que xa non utilizas? Gardas no fondo das alacenas da cociña electrodomésticos que utilizas unha vez ao ano? Tes unha morea de agasallos pouco afortunados e non sabes que facer con eles?

A cooperativa pon á disposición das súas socias a Cousateca, un sistema para a reciclaxe / intercambio / cesión / préstamo / procura ... de cousas.

A Cousateca é simplemente unha ferramenta para facilitar que lle deamos uso a todas esas cousas que temos na casa folgando por un motivo ou outro: xa non as precisamos, non nos gustan, usámolas moi pouco, etc... Nalgúns casos gustaríanos desfacernos delas e noutros simplemente non nos importaría compartilas con outras socias. Para isto está a Cousateca.

A ferramenta básica para a xestión da Cousateca é unha folla de cálculo que funciona como inventario, onde todas as socias poden engadir aquelas cousas que queren prestar, regalar, etc... Se estás interesada nalgunha cousa só tes que poñerte en contacto coa socia para organizar o intercambio, para o que podes utilizar o local da Cooperativa. Utiliza a cousateca tamén para solicitar cousas que precisas, pode que algunha socia as teña mais non as puxera no inventario.

A Cousateca é un servizo para socias da cooperativa, polo que o acceso só está dispoñible a través da "Zona Socias" que poden consultar as usuarias rexistradas da páxina. Visita a páxina da Cousateca para máis información sobre o proxecto (tamén podes consultar no foro o fío do proxecto).

O martes día 21 a Verdegaia organiza a Charla-Obradoiro “Vivir con menos” na que Toni Lodeiro, autor do libro e da web “Consumir menos, vivir mellor“. O obradoiro será a partires das 20h no local social de Panxea na rúa da Rosa 36 baixo (Santiago de Compostela) e durará sobre hora e media.

Temos unha explicación detallada do obradoiro e o poñente na web de Verdegaia: Viver com menos! - charla obradoiro

zocarede