terractiva2010

Terractiva é un festival de alternativas que celebrará a súa edición 2010 no concello de Arzúa (A Coruña) na fin de semana do 2 e 3 de outubro. Nesta proposta poderase acceder a xeitos de mellorar a nosa calidade de vida a través de obradorios formativos, ademais de contar igualmente con espazos de expresión artística e cultural e que, sobre todo loitan pola defensa da diversidade. É posible a defensa do medio ambiente desde a cultura, a arte e a solidariedade e así o entende esta proposta coa conxugación das producións culturais e o xeito de relacionarnos e interaccionar con nós e co medio.

Volve tamén a Feira Ecolóxica Feir@ctiva, na que se porán á venda produtos ecolóxicos, se poderán atopar movementos sociais e diferentes tipos de artesanía, ademais de gozar con diversas actuacións musicais e teatrais cun nexo ecolóxico común, obradoiros medioambientais, ludoteca infantil e diversas actividades lúdicas, entre outras actividades.

O consumo responsable e consciente estará presente da man de Zocamiñoca e Panxea, nun stand compartido. Haberá información sobre as diferentes grupos de consumo responsable e consciente en Galicia, algún produto de degustación e moita información de persoa a persoa, que é en definitiva o importante.Tamén se dinamizará unha mesa redonda: “Novos camiños para o consumo responsable en Galiza” (o sábado 2 ás 13 horas, na aula D do primeiro andar), que agardemos que sexa o máis participativa posíbel.

Web: Festival das artes pola biodiversidade Terractiva

Charla-Coloquio en Culleredo

A Concellaría de Mocidade e Voluntariado do Concello de Culleredo, dentro do "Ciclo de Charlas Solidarias", organiza unha charla sobre comercio xusto e consumo responsable.

Día: xoves 15 de abril.
Hora: 20:00h.
Lugar: Pazo Vila Melania, Vilaboa - Culleredo (A Coruña).
Interveñen: Nanda Couñago Otero (Directora da Organización Galega de Solidariedade para o Ecodesenvolvemento Amarante Setem) e Marcial Blanco Castelos (socio Promotor da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca).

Lugar: Aula 7 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña.
Día: Martes 6 de abril.
Hora: De 18h a 21h.

Dentro do programa da asignatura de Libre Elección "Indrodución á Cooperación para o Desenvolvemento", organizada por Enxeñería sen fronteiras e a Oficina de cooperación e voluntariado da UDC, celébrase unha mesa redonda sobre comercio xusto este martes. As sesións son de asistencia libre para calquera persoa interesada.

Participarán:

  • Clara Raposo González, membro da ONG A Cova da Terra e especialista en Comercio Xusto e Agricultura Ecolóxica.
  • Carmen Beltrán Moreiras, responsable da Tenda Ecolóxica da ONG Intermón Oxfam.
  • María Paz Gutiérrez, Directora da ONG Solidaridade Internacional Galicia.
  • Membros da Cooperetiva de Consumo Responsable Zocaminhoca da Coruña.
Blog da materia: http://esf-icd.blogspot.com

feira soberanía alimentar

ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

O Xantar será oferecido ás 14:30 pola asociación de labreg@s Lentura no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) cun prezo aproximado por persoa de 12 €. Para o xantar cumpre apontarse no enderezo-e info(a)soberaniaalimentar.info até 6 de Abril indicando se se prefer menu vexetariano ou se se padece algunha intolerancia alimentar.

No te consumas

"¡No te consumas!", de Xucrut Teatre, visita Galicia. Reirás mentres reflexionas sobre o ritmo ao que vivimos, as nosas prioridades, valores e o noso consumo. A obra trata de reflexionar sobre os nosos tempos e ritmos, a relación coas nosas decisións, prioridades, valores e, por que non?, os nosos consumos. O vehículo son as vidas paralelas de Lucía, Manel y Nuria e o seu intenso Tic, Tac.

  • 15 de marzo, na Coruña. Forum Metropolitano (r/ Río Monelos, s/n).
  • 16 de marzo, en Ourense. Teatro Principal (r/ Da Paz, nº 9).
  • 17 de marzo, en Pontevedra. Teatro Principal (r/ San Paio Gomez Chariño, s/n).

O horario para os tres días é o seguinte: ás 11:30h para escolares e ás 20:00h para público en xeral.

Fonte: Xucrut Teatre na revista Opcions

zocarede