Cichorium intybus (científico), Escarola (castellano), Endive (english).

Substancias: hidratos de carbono (3%), proteínas (1,5%), graxa (0,3%), fibra (1,6%), ácido fólico, potasio, calcio, magnesio, cinc, carotenoides, flavonoides e principios amargos.

Propiedades: boa para previr enfermidades cardiovasculares polos seus carotenoides e flavonoides (antioxidantes), así como polo potasio (axuda a baixar a presión arterial) e o ácido fólico (reduce a homocisteína que dana as arterias). Os seus principios amargos fana indicada para estimular a secreción de bile e previr cálculos biliares. A luteína e a zeaxantina axudan a previr a DMAE da retina (dexeneración macular senil asociada á idade). Axuda a manter a densidade ósea e a previr a osteoporose polo elevado contido en calcio, potasio e magnesio. A riqueza en ácido fólico favorece os embarazos sans e a saúde do sistema nervioso do recén nado. Recoméndase a persoas con problemas dixestivos.

Aproveitamento: crúa en ensalada. As escarolas de inverno son as máis axeitadas para todos os gustos.

 


zocarede