Raphanus sativus (científico), Rábano (castellano), Radish (english).

Substancias: proteínas (1%), hidratos de carbono (2,7%), fibra (1%), vitaminas C e ácido fólico, potasio, glucosinolatos e flavonoides.

Propiedades: os glucosinalatos reducen o risco de padecer cancros de mucosas: estómago, colon, pulmón, etc.). Ten un duplo efecto colerético e colarogogo: aumenta a produción de bile polo fígado e favorece a excreción da vesícula biliar. O seu poder antibiótico atribúese á esencia sulfurada. O sulforafano é eficaz para combatir a infección por Helicobacter pilory, bacteria implicada na úlcera de estómago.

Aproveitamento: cru en ensalada.

Riscos: algunhas persoas son sensíbeis aos fitoquímicos da súa esencia. Se se padece bocio ou hipotiroidismo non se debe consumir grandes cantidades.


zocarede